miércoles, 18 de septiembre de 2013

Xa estamos de volta!

Benvidos todos e todas.
Comeza un novo curso e seguimos a nosa andaina. 
Poñédevos ao día e cargade as baterías. 



viernes, 1 de marzo de 2013

Marchando para Lugo!




 


O vindeiro luns imos de excursión á cidade das murallas. Co gallo da celebración do festival de teatro clásico, asistiremos á representación do Agamenón de Esquilo e as Tesmoforias de Aristófanes.



Pasaremos o día pola cidade lucense, onde aproveitaremos o que o tempo nos permita para pasear, visitar algún monumento representativo, comprar algunha cousiña ou, como non, degustar a marabillosa gastronomía. 
 E comprobaremos se é certo o que din: "para comer, Lugo". 
 

Xa sabedes: levade roupa e calzado cómodos e abrigádevos ben, que estamos aínda no inverno. E Lugo non é precisamente caloroso. 
Boa viaxe!

jueves, 3 de enero de 2013

CONCURSO ODISEA: PARTICIPADE!!!


 
A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a VIII edición do concurso ODISEA.
Terá lugar entre os días luns 4, martes 5, mércores 6 e xoves 7 de febreiro (primeira fase), e os días mércores 20 de febreiro e mércores 27 de febreiro (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla no calendario.
Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Valencia-Castellón e de Alacant, a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya(APLEC), e as seccións da SEEC de Aragón e Valladolid, esta última participando por primeira vez (Aragón xa o fixera no 2011).
Navegaremos nesta nova aventura de ODISEA 2013 achegándonos a un novo tema: “A educación no mundo grecorromano”. Queremos con iso facer unha decidida defensa da nosa educación, tan maltratada desde hai anos na nosa sociedade polos sucesivos gobernos, que non comprenderon nin comprenden a importancia que esta ten na formación e a conformación das persoas como cidadáns, que son, en definitiva, os que deben ocuparse dos asuntos da POLIS.
Con respecto a anos anteriores foron modificados algúns puntos das bases. Cómpre destacar por exemplo o apartado XIX, que só permite a participación dun único equipo por centro no preguntón de desempate.
Dende aquí invitamos a todos a profesores e alumnos de Galicia a participar na edición 2013 do concurso.
FONTE: SEEC GALICIA

TROIA, O FILME

Hai uns días gozamos co filme "Troia". Velaquí información sobre a película e sobre a historia da guerra de Troia na que está baseada:





T.O. Troy (2004)
Nacionalidade: USA / Malta / UK                       
Idioma: Inglés
Duración: 163 minutos
Dirección: Wolfgang Petersen
Guión: David Benioff
Producción: Wolfgang Petersen
Reparto: Brian Cox (Agamenón), Brad Pitt (Aquiles), Brendan Gleeson   (Menelao), Diane Kruger (Helena), Eric Bana (Héctor), Orlando Bloom (Paris), Peter O´Toole (Príamo)

Aquí tedes algunhas preguntas resoltas de verdadeiro ou falso sobre o argumento.
Nestoutra bitácora hai un apetecible test de 45 preguntas que abranguen dende a guerra de Troia ata a fundación de Roma. Interesante, non?
Máis actividades sobre Troia.

Por certo, a historia de tal guerra recolleuse na ILÍADA, de Homero. Non deixedes de botarlle un ollo aquí. Hai versións mellores na rede -déixovos a vós a tarefa de buscar algunha outra-. 
E, por suposto, está o formato papel, que segue a ser moi proveitoso (nunca se colga). 

                                    

              

Tamén vos presto unha tradución en pdf ó portugués, que entenderedes perfectamente.
Agardo que a aproveitedes.

Para as fans de Brad Pitt (Aquiles), aquí vos deixo algunha imaxe do noso heroe:

            

Abur!

OUTRA DE DECLINACIÓNS LATINAS